Monday 29 de April de 2024

Reclamación da ANPA O Burgo Do Conservatorio Profesional de Música ao concello de Culleredo


ASUNTO: QUEREMOS PROFESORES/AS PARA O CONSERVATORIO, XA!!!!!

O alumnado e as familias do Conservatorio Profesional de Música comezan o curso escolar 2023 – 2024 novamente DESAMPARADOS polo Concello de Culleredo.

Tendo en conta que os estudos profesionais de música son estudos oficiais regulados pola normativa de ensinanzas artísticas e teñen que contar cunha rigorosidade, a ANPA O Burgo quere DENUNCIAR públicamente a desatención, a falta de respecto e a deixadez coa que o Concello de Culleredo volve a tratar a todas as persoas afectadas pola súa ineficacia e desinterese pola resolución das problemáticas de xestión de persoal que levamos padecendo durante moitos anos.

Relatamos a continuación as situacións graves que se teñen producido:
– Retraso do inicio do curso escolar sen ter en conta o calendario oficial establecido pola Consellería de Educación, sen informar ás familias nin ao Consello escolar.

– Inicio do curso escolar sen o cadro de persoal docente completo: Novamente faltan 5 profesores/as: 1 docente de frauta, 1 docente de guitarra e 3 docentes de piano.

– O día 4 de outubro, comunícaselle á ANPA O Burgo que logo da finalización do proceso de selección para cobertura temporal de postos nas diferentes especialidades, podemos concluír que 20 días despois, non se formalizaron os contratos para que estes profesionais comecen a traballar e dar as clases.

– Logo da situación de desatención do curso pasado que obrigou ás familias a mobilizarse e manifestarse todos os mércores dende febreiro a maio de 2023 e tamén os domingos no feirón, atopámonos novamente na mesma situación: SEN 5 PROFESORES E O

ALUMNADO DESATENDIDO.
– Se o día 4 de outubro se nos informa de que hai 5 candidatos/as que aceptaron o chamamento para iniciar a relación contractual, como é posible que a día de hoxe non se formalizaran os trámites para a súa incorporación??? No curso anterior, o Concello de Culleredo alegaba que non tiña candidatos/as xa que non aceptaban traballar. Agora que sí ten candidatos/as que o aceptan, a qué esperan??? As familias e o alumnado reclamamos os nosos dereitos. ESIXIMOS PROFESORADO XA!!!

Por último, sinalar que o feito de que aínda non comezaran as clases co profesorado necesario, afonda na sobrecarga de traballo no resto persoal docente do centro, tendo que reducir as súas horas asignadas a materias grupais, titorías, etc.

Ao tempo, qué dicir, deses profesionais que participaron no proceso de selección para o conservatorio e están á espera de iniciar o seu traballo, logo de ter aceptado telefónicamente o posto. Seguirán desocupados agora ou haberá que facer novos chamamentos? Quedarán candidatos/as interesados/as a estas alturas do calendario ou aceptarían outros traballos?
INADMISIBLE no total.
O número de persoas afectadas pola ineficacia deste goberno municipal crece: alumnado, familias, profesorado, candidatos/as a cubrir os postos…
A QUÉ ESPERAN???
A qué espera a Concelleira de Participación Cidadá e Deportes a informar ás familias e á ANPA O Burgo? Convocámola a unha xuntanza a través dun escrito rexistrado para o día 18 de setembro e aínda estamos esperando unha resposta.
Aduciu que estaba moi ocupada, continúa ocupada a día de hoxe?
O Conservatorio Profesional de Música é un centro educativo oficial e de educación regulada, NON PODE SER TRATADO COMO UNHA ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR MÁIS!!!
AS FAMILIAS E O ALUMNADO MERÉCENSE UN RESPECTO!!!!
BASTA DE EXCUSAS!!!!
QUEREMOS PROFESORADO, XA!!!!
NON AGARDAREMOS MÁIS!!! Xa temos a pancarta!!!